Latexos pola Ciencia

LATEXOS POLA CIENCIA

PROGRAMA DE MENTORADO DIRIXIDO A XOVES CON INQUIETUDES POLA INVESTIGACIÓN CIENTÍFICA


Misión do Programa

O programa de Mentorado Latexos pola Ciencia está organizado polo Laboratorio de Bioloxía e Xeoloxía do IES Pedregal de Irimia de Meira (Lugo). Conta co obxectivo principal orientar na carreira investigadora ás rapazas e rapaces que se queiran adicar á ciencia.

Seminarios e Cuestionario

Atoparedes aquí unha listaxe de seminarios que darán moitas respostas ás vosas preguntas relacionadas coa carreira científica. Tamén poderedes aceder a un cuestionario para recibir máis información individualizada sobre a investigación científica.

Recursos e Oportunidades

Listaxe de bolsas e oportunidades de investigación en distintos centros e universidades galegas ou estranxeiras. Nesta sección tamén se incluirán ligazóns de interese de laboratorios galegos, españois ou estranxeiros para realizar estadías de investigación.

Prensa e Medios

Aquí podedes atopar unha listaxe de ligazóns ás notas de prensa e entrevistas nos medios de comunicación (prensa, radio e TV) sobre o programa de mentorado “Latexos pola Ciencia”

Alumnos de primeiro e segundo de Bac do IES Pedregal de Irimia.

“a ansia por investigar consiste en arrancarlle os segredos á vida, e non existe nada que produza maior emoción”.

Severo Ochoa, Premio Nobel de Fisioloxía e Medicina, 1959.

Sobre esta páxina

Aquí atoparedes moita información de interese relacionada coa carreira investigadora en cada unha das súas etapas.